Endurogalicia.com
http://endurogalicia.forogratis.es/

incendios e nos
http://endurogalicia.forogratis.es/incendios-e-nos-t23796.html
Página 1 de 2

Autor:  ERROLFLIN [ 18 Oct 2017, 17:55 ]
Asunto:  incendios e nos

Ola, primeiro a miña solodaridade con todolos afectados polos lumes. Teño mais que claro que son organizacions as que prenden as maiorias dos lumes, os tolos e piromanos son unha minoria como en todos os paises, e provocan un 10% dos incendios. Un dos grandes problemas e a politica forestal, cousa que so se pode trocar dende as institucions. Logo temos a vixiancia, dende o noso colectivo poderiamos desenrrolar unha funcion moi importante de prevencion, a cousa e simple, mandar a gc de cada distrito, onde imos ir a patrullar, cantos (identificacion con dni) e o tempo (dia ou noite), se vemos algo anormal chamada a 112 ou a quen corresponda, por outra banda deberemos ir identificados cunha reflectante onde poña claramente VIXIANTE. Este tema se poderia plantexar en futuras reunions ca xente da xunta, sabemos o que van decidir, mais ainda temos que tentalo. EU formo parte da mesa do lume en ourense, e dende ali teñen claro que a vixiancia e fundamental e os voluntarios tamen.

Autor:  motevo [ 18 Oct 2017, 21:48 ]
Asunto:  Re: incendios e nos

Xavi, e unha idea cojonuda.

En Pontevedra fíxose un ano, no 2006, si mal non me lembro. Levábamos unhos chalecos verdes reflectantes que poñían Vixiante do monte, e andábamos por todos lados.

A verdad que que foi unha boa experiencia e si hubésemos visto lume, estaríamos alí para avisar :wertzsdf:

Autor:  ruy [ 18 Oct 2017, 21:57 ]
Asunto:  Re: incendios e nos

El negocio entorno a los incendios, altos cargos de la junta en las empresas encargadas de combatirlos, 42 millones para la base de drones por ejemplo, etc, etc

http://www.galiciaconfidencial.com/noti ... gocio-lume

Autor:  ruy [ 18 Oct 2017, 22:02 ]
Asunto:  Re: incendios e nos

https://www.facebook.com/rewildingalici ... 418343719/

El Eucalipto...

https://www.facebook.com/rewildingalici ... 858343875/

Autor:  ruy [ 18 Oct 2017, 22:04 ]
Asunto:  Re: incendios e nos

https://www.facebook.com/rewildingalici ... 151658479/

Autor:  ruy [ 18 Oct 2017, 22:10 ]
Asunto:  Re: incendios e nos

https://youtu.be/6K_TDHmdd-k

Autor:  ruy [ 18 Oct 2017, 22:19 ]
Asunto:  Re: incendios e nos

https://www.youtube.com/watch?v=PbLOP2XK6cY

Autor:  ruy [ 19 Oct 2017, 12:32 ]
Asunto:  Re: incendios e nos

https://www.facebook.com/permalink.php? ... 5331011115
AO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
Dende Piornedo, na parroquia de Donís (Cervantes) queremos dirixirnos a vostede con motivo dos últimos acontecementos pasados na zona e que teñen que ver cos INCENDIOS FORESTAIS que comezaron o xoves, 12 de outubro do presente ano.
Gustaríanos informar da situación REAL que os veciños vivimos neses días nos que o lume arrasaba os nosos montes centenarios, coidados durante xeracións e agora desaparecidos, algo está fallando Señor Presidente cando contando con un moi bo equipo contra incendios queimaron os montes de a maneira en que o fixeron, gastouse moito diñeiro en loitar contra o lume e non se xerou un resultado adecuado á resposta que se deu, xeráronse moi poucos beneficios de todos estes medios.
Para o control do lume nestes días e para a defensa das aldeas foi DETERMINANTE a acción e organización veciñal, que, de unha parte, coñecía o terreno, como é lóxico, pero tamén coñecían a forma de actuar e organizar o traballo e incluso tendo que dirixir ós equipos na zona que demostraban NON ESTAR PREPARADOS nin física, nin psicolóxicamente e nin siquiera técnicamente para esta labor.
Por outra banda, tampouco se lles prestou a estes equipos a asistencia que necesitaban para reforzos e relevos, responsabilidade que lle atribuímos a vostede Sr. Presidente, quedando os veciños SOLOS e SEN MEDIOS no transcurso de estes días, situación que poderíamos definir como CAÓTICA.
Galicia sempre se caracterizou por ser una terra de xente traballadora e leal, que se implica, que da o mellor de si nos momentos máis difíciles, foron moitos os xestos de heroicidade que se viron nestes días, non nos podemos sentir máis orgullosos da nosa identidade, fagámoslle honor e que esto non se repita,
Pensamos aquí, e dende o descoñecemento da materia política cuxos intereses vostede representa, pero facendo uso do sentido común, que a parte da resposta inmediata relacionada ca paliación dos efectos erosivos nas zonas afectadas polo incendio por exemplo, é totalmente NECESARIO:
-Mellorar o ABASTECEMENTO de auga aos núcleos de Cervantes con depósitos e bocas de hidrantes.
-Maior FORMACION do persoal contra incendios.
-LIMPEZA de montes en época de baixo risco de incendios.
-Realización de CORTALUMES e pistas de acceso, cuxo impacto ambiental é menor que o que pode resultar de un incendio que non poida ser controlado como acaba de suceder.
-PLANTACION de especies autóctonas como carballos e castañeiros do que se pode sacar beneficio económico a través da venta de castañas por exemplo, e en ningún caso plantacións de eucaliptos e pinares e menos ó redor das aldeas como sucedeu en Cervantes, debido a que son altamente inflamables.
Sen máis que añadir, espero se teñan en conta as suxerencias que aquí se presentan, aproveito para facerlle a invitación para que visite Cervantes para comprobar de primeira man a situación, coma sempre, quedamos á súa disposición e seguirá contando coa nosa colaboración sempre que sexa para ben.
Reciba un cordial saludo,
-Un veciño de Piornedo-

Autor:  lobezno [ 21 Oct 2017, 08:50 ]
Asunto:  Re: incendios e nos

Creo que a idea e boa, pero que se faga ou se permita e remotamente dificil, primeiro por que xa hai axentes forestais que se dedican a eso e mais funcions, que son poucos e non cubren todo, pero e a resposta que se pode dar.

Por moito que se coñeza o monte e se poida facer unha funcion de vixiancia, tamen podese argumentar que non se ten preparación nin coñecementos no caso de tratar emerxencias, e que seria algo intrusivo nas funcions de os que si as teñen.

Nestes casos o importante e mais a prevencion que o avisar, que sendo importante, creo que o é algo menos, a nadie gustalle ver GC o PA, nin no monte nin nas carreteras, pero esta demostrado que a presencia de corpos de seguridad, si que evita feitos delictivos, neste caso lumes, se houbera patrullas suficientes non haberia tantos. No verán, no monte habia patrullas de GC, PA, PN, UME, con motos, todoterrenos, a cabalos, helicopteros etc, poucos lumes, por que a presencia era casi continua nos montes, e no veran tamen se chegaron a superar os 35 moitas veces, e non ardeu como esta ultima vez, chegabase a tempo e non chegaba a gabedad desta última vez.

Todos podemos facer moito, ou axudar, pero creo que se debe contar cos endureiros no momento realmente necesario, a todos nos gusta a moto e andar polo monte, se poidesemos todolos dias, pero creo que eso e imposible.

Si que vexo ben, que a GC ou a PA ou Concello, si que teña os telefonos de 1 ou 2 endureros da zona de confianza que poida chamar, para axudar, ir os pobos mais afastados, avisar dos camiños cerrados pola maleza para limpalos, arbores caidos... pero non facer unha vixiancia activa, sabendo que hai salidas case todolos fines de semana pois ir informando de vez en cando de esas pequenas deficiencias, que os endureiros si ven por que chegan a sitios moito mais remotos e de dificil acceso.

Quero que esto se tome coma unha opinion persoal, e que son da idea que neste caso os endureros podiamos facer moito, e sei que facemos moito, pero o noso e facer deporte e disfrutar do monte, que non quita que nun momento dado se avise de calquera cousa rara, como fixen eu e fai calquera nun momento dado, ou axudar nunha busqueda de persoas perdidas etc...

Hai que recordar que non estamos moi ben vistos, nin endureros, nin bicis nin case nadie que ande polo monte, por que a xente ten tendencia a facer seu o que e de todos, neste caso o monte.

Acabo xa, e recordar que moitas veces a propia xente das aldeas, sabe perfectemente que é o que planta lume, pero ten medo ou e reticente a comunicarllo a autoridade competente, por medo a replesalias ou a diversos motivos que nunca chegarei a entender, pero que fai que estes casos ou non se resolvan ou se compliquen demasiado.

Autor:  cali [ 21 Oct 2017, 12:25 ]
Asunto:  Re: incendios e nos

Bravo David,muy bien explicado, totalmente de acuerdo. :gffjjdf:

Página 1 de 2 Todos los horarios son UTC + 1 hora
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
http://www.phpbb.com/