Endurogalicia.com
https://endurogalicia.forogratis.es/

LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
https://endurogalicia.forogratis.es/lei-7-2012-do-28-de-xuno-de-montes-de-galicia-t17797.html
Página 1 de 3

Autor:  demoracingedu [ 31 Ago 2012, 14:55 ]
Asunto:  LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012 ... 01_gl.html

La aprobaron tal y como temíamos....

Artigo 98. Pistas forestais

1. Todo camiño de tránsito rodado de titularidade pública ou privada, fóra da rede de estradas, vinculado á xestión forestal e situado en solo rústico de protección forestal terá a consideración de pista forestal, e quedará adscrito á xestión agroforestal, e, en ningún caso, terá a consideración de acceso rodado público para os efectos previstos na lexislación urbanística.

2. A circulación con vehículos de motor por pistas forestais que non sexan de uso público ou situadas fóra da rede de estradas quedará limitada:

a) Ás servidumes de paso a que houber lugar, e non se poderá facer en actitude de condución deportiva.

b) Á xestión agroforestal, incluída a actividade cinexética e piscícola.

c) Aos labores de vixilancia e extinción das administracións públicas competentes.

Queda prohibida a circulación motorizada campo a través, por sendeiros, por devasas ou por vías de saca de madeira, agás para aqueles vehículos vinculados á xestión agroforestal, incluída a actividade cinexética e piscícola, á prevención e defensa contra incendios forestais, aos labores de vixilancia e tutela propios das administracións públicas e aos eventos e ás actividades que fosen autorizados pola Administración forestal consonte o artigo 88 desta lei.

3. Os titulares das pistas forestais, tras a autorización da Administración forestal, poderán regular o tránsito aberto motorizado polas pistas forestais que se atopen fóra da rede de estradas e non formen parte das servidumes de paso, mediante a súa sinalización, sen prexuízo do disposto na lexislación en materia de prevención e defensa contra incendios forestais. O usuario será, en todos os casos, o responsable dos danos ou prexuízos que se poidan ocasionar, tanto a si mesmo como a terceiros, na súa utilización. Nos casos de realización de eventos e actividades culturais e deportivos alleos á propiedade que se desenvolvan mediante o tránsito motorizado polas ditas pistas, deberase contar coa autorización expresa por parte do titular, segundo o disposto no artigo 88 desta lei.

4. Toda obra de reforma, modificación, transformación ou renovación das pistas forestais principais non poderá alterar nin limitar o seu carácter prioritario agroforestal, agás autorización expresa da Administración forestal.

5. As características e as esixencias construtivas das pistas forestais principais, viradoiros e parques de madeira serán establecidas pola Administración forestal mediante orde da consellaría competente en materia de montes, e responderán á necesidade e á viabilidade dos requirimentos de amoreamento e transporte dos produtos forestais e do acceso aos montes da maquinaria forestal, minimizando o impacto sobre a paisaxe, os ecosistemas forestais de gran valor e a erosión e axustándose sempre que sexa posible á rede viaria existente.

6. Os sendeiros, as devasas e as vías de saca de madeira de carácter temporal non terán a consideración de pistas forestais.

7. A construción de pistas, camiños ou calquera outra infraestrutura permanente en montes ou terreos forestais, cando non estea prevista no correspondente instrumento de ordenación ou de xestión forestal, requirirá da súa modificación, de acordo co establecido no artigo 82 desta lei.

8. Os instrumentos de ordenación ou de xestión forestal preverán a recuperación ou a rexeneración da cuberta vexetal dos camiños forestais, devasas, faixas, parques de madeira ou calquera outra infraestrutura abandonada no medio forestal, co fin de evitar a súa progresiva degradación e facilitar a súa integración no ecosistema forestal.

Así quedó la cosa, menos mal que nos queda Portugal.

Autor:  demoracingedu [ 31 Ago 2012, 16:39 ]
Asunto:  Re: LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

A mí me acojona más ésta:

1. Todo camiño de tránsito rodado de titularidade pública ou privada, fóra da rede de estradas, vinculado á xestión forestal e situado en solo rústico de protección forestal terá a consideración de pista forestal, e quedará adscrito á xestión agroforestal, e, en ningún caso, terá a consideración de acceso rodado público para os efectos previstos na lexislación urbanística.

Tal como lo entiendo ya no se trata de vehículos a motor sino de acceso rodado público, es decir ni las bicis pueden.

Autor:  mostovoi [ 31 Ago 2012, 16:41 ]
Asunto:  Re: LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Raven no te rompas la cabeza, total vamos a seguir dandole al mango, asi que como dice mi abuelo el campo es del pueblo y nuestros montes el lecho donde descansar.

saludos

Autor:  catenario [ 02 Sep 2012, 13:40 ]
Asunto:  Re: LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Tener paciencia,dejar pasar los meses y a ver la "estadistica endurera " que se genera a partir de ahora.

Autor:  Hurky [ 02 Sep 2012, 14:24 ]
Asunto:  Re: LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

mi ser tonto, mi no entender; No se supone que el borrador nos estaba beneficiando permitiendo la circulación por caminos forestales (no los privados) mientras no sea "conducción deportiva" ? Y ahora esto ? +/-

Autor:  carlos fraga [ 02 Sep 2012, 20:05 ]
Asunto:  Re: LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Pois polo que parece han pasado olimpicamente de nos pois din que de senderos nada de nada, solo PISTAS publicas ..... e para isto tanta reunion ... :llgfdf: xa sei que por pistas publicas podo andar non te jode, tamen poido ir por elas no meu coche para iso son pistas e publicas :evil:

demoracingedu escribió:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120723/AnuncioC3B0-050712-0001_gl.html

2. A circulación con vehículos de motor por pistas forestais que non sexan de uso público ou situadas fóra da rede de estradas quedará limitada:

Queda prohibida a circulación motorizada campo a través, por sendeiros.........

Así quedó la cosa, menos mal que nos queda Portugal.

Autor:  kilito [ 03 Sep 2012, 08:27 ]
Asunto:  Re: LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Xa me aburrín de leer. Me quedo coas definicións:

Pista forestal: camiño asfaltado ou non, que teña polo menos cinco metros de ancho.
Sendeiro: Camiño de menos de dous metros de ancho.
Vias de saca de madeira. Trochas provisionais que se fan pra baixar a madeira ata a pista forestal donde pode acceder o camión.

Xa sabedes; Hai que poñer duas varas de dous metros de medio nos extremos do manillar, e si toca contra os valos, non podedes pasar.

Autor:  carlos fraga [ 03 Sep 2012, 22:11 ]
Asunto:  Re: LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

kilito escribió:

mellor explicado imposible, total no la han clavado e agora que hai eleccions nos prometeran que a cambiaran ...

Autor:  Lulo [ 04 Sep 2012, 13:57 ]
Asunto:  Re: LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

kilito escribió:
Xa me aburrín de leer. Me quedo coas definicións:

Pista forestal: camiño asfaltado ou non, que teña polo menos cinco metros de ancho.
Sendeiro: Camiño de menos de dous metros de ancho.
Vias de saca de madeira. Trochas provisionais que se fan pra baixar a madeira ata a pista forestal donde pode acceder o camión.

Xa sabedes; Hai que poñer duas varas de dous metros de medio nos extremos do manillar, e si toca contra os valos, non podedes pasar.

... +1 :gffjjdf:

Citar:
Hai que poñer duas varas de dous metros de medio nos extremos do manillar, e si toca contra os valos, non podedes pasar

llsjj llsjj llsjj llsjj llsjj llsjj llsjj

Autor:  catenario [ 12 Oct 2012, 12:50 ]
Asunto:  Re: LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ya hay quien empieza a aplicar lo de cerrar sus pistas.
http://www.laregion.es/noticia/228006/m ... s/candado/

Página 1 de 3 Todos los horarios son UTC + 1 hora
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
http://www.phpbb.com/